Martes, 17 de Xullo de 2018  
   
     
 
 
 

Novas da asociación
SADI Vigo
Cursos de Educación
   Básica de Persoas
   Adultas
Programas Kanguros
Premios literarios
Servizo de Información
   e Asesoramento para
   Mulleres
FSE
 
 
 
 
 


  


ACTO DE ENTREGA DO VI PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS

Terá lugar o mércores 25 de abril, ás 18 horas, na Bilbioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (av. García Barbón, 5). Contaremos coa presenza de dna. Uxía Blanco, concelleira de Igualdade, a deputada provincial de Igualdade, dona Isaura Abelairas, a presidenta da Deputación, dona Carmela Silva, e mais o alcalde do Concello de Vigo, don Abel Caballero.
O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

FALLO DO XURADO DO VI PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS

O xurado do VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios:
 1º Premio, ao microrrelato Metamorfose, de Emma Pedreira Lombardía.
 2º Premio, ao microrrelato A fiestra con memoria, de Pilar Vilaboy Freire.
 3º Premio, ao microrrelato Seo materno, de Ana Padín Calviño.
Igualmente, designou como finalista o microrrelato A leoa, de Patricia Eugenia Gallego Pérez
O VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realizase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesias.

(Podes ler as obras premiadas e finalista premendo no enlace da esquerda "premios literarios")

O CONCELLO DE VIGO COLABOROU NO FINANCIAMENTO DOS GASTOS DE CONTRATACIÓN E FOMENTO DO EMPREGO DESTA ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS E , EN XERAL, DA INSERCIÓN LABORAL, O FOMENTO DO EMPREGO, DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
VIGO, 2017


CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2017-  CONCELLO DE VIGO- OFERTA DE EMPREGO

Posto ofertado e perfil solicitado:
UNHA ADMINISTRATIVA
- Empadroada en Vigo antes do 01/01/2016
- Inscrita como demandante de emprego no SPEG.
- Titulación en FP de Administración e Finanzas, Secretariado de Dirección ou similares.
- Coñecementos avanzados de Informática a nivel usuaria.
Presentación de currículos en info@mulleresprogresistas.org (indicando no asunto: "administrativa") até o 26/04/2017.

(http://asociacions.vigo.org/associations/0/files/423.pdf)

OBRAS PREMIADAS E FINALISTAS DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS

Xa están publicadas na nosa web as obras gañadoras e finalistas do V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.
Poden acceder a elas premendo na opción "premios literarios" da esquerda da pantalla.

ENTREGA DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS

o Acto terá lugar o mércores, 22 de marzo, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (Av García Barbón, 5 - Vigo).
O V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

FALLO DO XURADO DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS

O xurado do V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios:
 1º Premio, ao microrrelato Serendipia, de Raquel Fernández Fernández.
 2º Premio, ao microrrelato Ollomol, de María Azucena Rey Torrente.
 3º Premio, ao microrrelato nas mellores mans, de María Salinas García.
Igualmente, designou os seguintes microrrelatos como finalistas:
- (Re) construirse, de Laura Arjonilla Cristóbal.
- A viaxe de Amelia, de Ángela Costas Parada.
- Filloas de loendro, de Julia Tomé Ortega
O V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realizase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesia.



IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

O xurado do IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar o 1º premio a "aula 34, quinto de Primaria" de Laura de Cáceres Iglesias; o 2º premio a "a caixiña de caramelos" de Leticia Álvarez Lorenzo e o 3º premio a "queridos Reis Magos", de Sabela Núñez Singala.
Este IV Premio de Microrrelatos está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
En datas próximas nun acto público realizarase a entrega dos mesmos, conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo.

Informe Territorial desde a perspectiva de xénero da situación de mulleres e homes do Concello de Vigo

A Concellería de Igualdade colgou na súa web o informe territorial desde a perspectiva de xénero da situación de mulleres e homes do Concello de Vigo, realizado dentro do convenio de colaboración desta asociación coa Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado dentro do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2012.
Velaquí o enlace :http://www.igualdadevigo.org/?sec=publicaciones&id_noticia=394

 
 
 
     
   

Inscrito co n� 1988/001650-1 (PO).
Posteriormente n� inscrici�n 2006/009611-1 SC no Rexistro Central de Asociaci�ns
Policarpo S�nz, 12-14-2�. 36201 Vigo (Pontevedra), Espa�a
T�lefono y Fax 986434874


© 2007 Asociaci�n de Mulleres Progresistas de Vigo