|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Programa de Educación Básica de Persoas Adultas. Curso 2022-2023
|
|
Comezamos o curso 2022/2023 do programa de Educación Básica de Persoas Adultas. Este é financiado polo Concello de Vigo, ten un carácter gratuito e impártese en diferentes asociacións e centros da cidade. Está dirixido a maiores de 18 anos e organízase en dous niveis: nivel I: Para a adquisición de técnicas de lectoescritura e cálculo e información sobre o contorno que facilite a comprensión lingüística e matemática suficiente para satisfacer as necesidades na vida cotiá e para comprender a realidade e nivel II: Consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais para que a persoa adulta desenvolva habilidades, técnicas, métodos e estratexias de aprendizaxe. Basease no «aprender a facer» e na aplicación do aprendido a situacións diferentes. Os seus contidos organízanse en torno aos ámbitos da comunicación; a competencia matemática; a ciencia, a tecnoloxía e sociedade no mundo actual e o desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral. Para máis información, poden chamar ao 986 220 660, en horario de 8.00 a 15.00 h.
|
|
|
|
|
|
|
- Para bolsa de emprego (substitucións, baixas..). - Imprescindible experiencia en educación de persoas adultas. - Titulación para a docencia, preferiblemente Maxisterio, ou licenciaturas con cursos de capacitación docente. - As persoas interesadas poden enviar o seu curriculo a info@mulleresprogresistas.org, indicando no asunto da mensaxe: "docente"
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PROGRAMA DE EDUCACIÓN BÃSICA DE PERSOAS ADULTAS
|
|
- Programa financiado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. - Gratuito. - Para persoas maiores de 18 anos. - En diferentes localizacións do Concello (AVV, centros cívicos...). - De outubro a xuño. - Pode solicitar máis información no teléfono da asociación: 986 434 874
|
|
|
|
|
|
OBRAS PREMIADAS E FINALISTAS DO VIII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
Xa están publicadas na nosa web as obras gañadoras e finalistas do VIII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas. Poden acceder a elas premendo na opción "premios literarios" da esquerda da pantalla.
|
|
|
|
|
|
FALLO DO XURADO DO VIII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
O xurado do VIII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios: 1º Premio, ao microrrelato Traballo, de Blanca Rodríguez Rodríguez. 2º Premio, ao microrrelato O escafandro, de Andrea Fernández Maneiro. 3º Premio, ao microrrelato Chulas de rabaqueta, de Andrea Castro Lorenzo. Igualmente, designou como finalistas os microrrelatos: - A revelación, de Isabel Mancebo Portela. - A fraternidade das bestas, de Andreia Costas Otero O VIII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realizase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesias.
(Podes ler as obras premiadas e finalista premendo no enlace da esquerda "premios literarios")
|
|
|
|
|
|
DOCUMENTAL DO XXV ANIVERSARIO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
|
|
Xa está dispoñible en Youtube o doumental sobre o Consello Municipal da Muller realizado por Xisela Franco e no que participa a presidenta desta Asociación, no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=nGc7xzjaIgg&feature=youtu.be A Asociación Mulleres Progresistas é integrante do Consello Municipal da Muller de Vigo.
|
|
|
|
|
|
ENTREGA DO VII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
Terá lugar o luns 25 de marzo ás 17 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficio de Vigo (av. García Barbón, 5) e contaremos coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco. O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
|
|
|
|
|
|
FALLO DO XURADO DO VII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
O xurado do VII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios: 1º Premio ao microrrelato Lois Lane, de Raquel Fernández Fernández. 2º Premio ao microrrelato Aurorita IV, de Susana Villamor Prieto. 3º Premio ao microrrelato a nena sobre o tellado, de Esther Alonso Domínguez. Asemade, designou como finalistas os seguintes microrrelatos: - Bebedeira, de María Azucena Rey Torrente. - As tesoiras, de Andrea Fernández Maneiro. - Matouno o demo e Deus levouno, de Andrea Costas Otero. - Pinceladas, de María Salinas García. O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesias.
(Podes ler as obras premiadas e finalista premendo no enlace da esquerda "premios literarios")
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FALLO DO XURADO DO VI PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
O xurado do VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios: 1º Premio, ao microrrelato Metamorfose, de Emma Pedreira Lombardía. 2º Premio, ao microrrelato A fiestra con memoria, de Pilar Vilaboy Freire. 3º Premio, ao microrrelato Seo materno, de Ana Padín Calviño. Igualmente, designou como finalista o microrrelato A leoa, de Patricia Eugenia Gallego Pérez O VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realizase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesias.
(Podes ler as obras premiadas e finalista premendo no enlace da esquerda "premios literarios")
|
|
|
|
|
|
|
O CONCELLO DE VIGO COLABOROU NO FINANCIAMENTO DOS GASTOS DE CONTRATACIÓN E FOMENTO DO EMPREGO DESTA ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS E , EN XERAL, DA INSERCIÓN LABORAL, O FOMENTO DO EMPREGO, DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ. VIGO, 2017
|
|
|
|
|
|
OBRAS PREMIADAS E FINALISTAS DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
Xa están publicadas na nosa web as obras gañadoras e finalistas do V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas. Poden acceder a elas premendo na opción "premios literarios" da esquerda da pantalla.
|
|
|
|
|
|
ENTREGA DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
o Acto terá lugar o mércores, 22 de marzo, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (Av García Barbón, 5 - Vigo). O V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
|
|
|
|
|
|
FALLO DO XURADO DO V PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
|
|
O xurado do V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar os seguintes premios: 1º Premio, ao microrrelato Serendipia, de Raquel Fernández Fernández. 2º Premio, ao microrrelato Ollomol, de María Azucena Rey Torrente. 3º Premio, ao microrrelato nas mellores mans, de María Salinas García. Igualmente, designou os seguintes microrrelatos como finalistas: - (Re) construirse, de Laura Arjonilla Cristóbal. - A viaxe de Amelia, de Ángela Costas Parada. - Filloas de loendro, de Julia Tomé Ortega O V Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realizase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. En breves datas realizarase a entrega de galardóns nun acto público conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco Iglesia.
|
|
|
|
|
|
IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas
|
|
O xurado do IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas decidiu outorgar o 1º premio a "aula 34, quinto de Primaria" de Laura de Cáceres Iglesias; o 2º premio a "a caixiña de caramelos" de Leticia Álvarez Lorenzo e o 3º premio a "queridos Reis Magos", de Sabela Núñez Singala. Este IV Premio de Microrrelatos está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. En datas próximas nun acto público realizarase a entrega dos mesmos, conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza da Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo.
|
|
|
|
|
|
Informe Territorial desde a perspectiva de xénero da situación de mulleres e homes do Concello de Vigo
|
|
A Concellería de Igualdade colgou na súa web o informe territorial desde a perspectiva de xénero da situación de mulleres e homes do Concello de Vigo, realizado dentro do convenio de colaboración desta asociación coa Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado dentro do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2012. Velaquí o enlace :http://www.igualdadevigo.org/?sec=publicaciones&id_noticia=394
|
|
|
|
|