Mulleres Progresistas desenvolve este servizo no Concello de Vigo desde 1991.
Programa dependente da Concellería de Igualdade, consiste no coidado das crianzas no propio domicilio para que as mulleres podan contar cun tempo propio para a súa incorporación ao traballo, formación, xestións administrativas, etc.
A solicitude do servizo realizase ante a traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (rúa Romil, 20-baixo, teléfono 986 293 963).
|